Na lista a continuación veñen enumeradas (por orde cronolóxica) aquelas películas feitas en Galicia que tiveron máis repercusión nos últimos anos.
MAMASUNCIÓN (1985)
- Dirección: Chano Piñeiro
- Guión: Chano Piñeiro
- Xénero: Drama
Considerada a "primeira película galega" esta curtametraxe conta a historia dunha anciana que agarda durante moitos anos noticias do seu fillo emigrado. Un día recibe unha carta que informa de que o seu fillo faleceu e de que lle deixou unha grande suma de diñeiro. Finalmente, a señora decide quemar os cartos.
SEMPRE XONXA (1989)
- Dirección: Chano Piñeiro
- Guión: Chano Piñeiro
- Xénero: Drama
A historia xira en torno a dous rapaces enamorados da mesma nena. Un deles ten que emigrar e, ao volver, descubre que o seu amigo casara con ela.
A LINGUA DAS BOLBORETAS (1999)
- Dirección: José Luís Cuerda
- Guión: José Luís Cuerda, Manuel Rivas, Rafael Azcona
- Xénero: Drama
O filme, baseado no relato de Manuel Rivas en Que me queres, amor? reflicte a relación dun neno co seu mestre, o cal ensínalle infinidade de cousas. Desgraciadamente, tras a sublevación militar do 18 de xullo do 36, o mestre é levado para ser fusilado por ter ideas contrarias ao réxime".
O BOSQUE ANIMADO (2001)
- Dirección: Angel de la Cruz, Manolo Gómez
- Guión: Manolo Gómez
- Xénero: Fantasía
Película de animación baseada na novela homónima de Wenceslao Fernández Florez pero contada dende a perpectiva dos animais e as plantas, os encargados de manter en harmonía a fraga.
MAR ADENTRO (2004)
- Director: Alejandro Amenábar
- Guión: Alejandro Amenábar, Mateo Gil
- Xénero: Drama, Biopic
Esta película gañadora dun oscar baéase na historia real de Ramón Sampedro, un home que, tras tirarse ao mar, queda tetrapléxico e perde as ganas de vivir. Na metraxe móstrase como loita pola legalización do suicidio asistido e como remata envenenándose con cianuro tras a negativa das autoridades.
PRADOLONGO (2008)
- Director: Ignacio Vilar
- Guión: Ignacio Vilar, Carlos Asorey, Miguel Gancedo
- Xénero: Drama
Filme que conta a historia de tres amigos da infancia que, debido a diferencias de diversas índoles, vense distanciados cando estes teñen 18 anos.
OS FENÓMENOS (2014)
- Director: Alfonso Zarauza
- Guión: Alfonso Zarauza, Jaione Camborda
- Xénero: Drama
Esta película céntrase na historia de Neneta que, tras ser abandoada pola súa parella regresa a Galicia e comeza a traballar na construcción, sendo a única muller nun oficio tradicionalmente asocidado aos homes. Non obstante, o seu esforzo e coraxe permítenlle saír adiante.
A ESMORGA (2014)
- Director: Ignacio Vilar
- Guión: Ignacio Vilar, Carlos Asorey
- Xénero: Drama
Baseada na conecida novela de Eduardo Blanco Amor, a metraxe narra unha noite de troula de tres amigos que deixa tras de sí numerosas catástrofes.
Bibliografía:
http://www.sargadelosvigo.com/tienda/es/figuras-numeradas/80-mamasuncion.html
http://www.filmaffinity.com/es/film616355.html
http://www.filmaffinity.com/es/film616355.html
http://engalecine6.webnode.es/a-lingua-das-bolboretas/
http://cine.estamosrodando.com/peliculas/mar-adentro/ficha-tecnica-ampliada/
http://www.sensacine.com/peliculas/pelicula-136327/
http://www.filmaffinity.com/es/film579014.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario